jueves, 23 de febrero de 2012

Almorzos Saudables

A semana do 13 ao 17 de febreiro, levamos a cabo unha actividade titulada "Almorzos Saudables".
 Os nenos e nenas de educación infantil almorzaron na escola durante dous días; a distribución das sesións foi a seguinte:

Luns 13 e Mércores 15: alumnado de 4º de educación infantil.
Martes 14 e Xoves 16: alumnado de 5º e 6º de educación infantil.

Os menús escollidos foron os seguintes:

Menú 1: pan con tomate e aceite, xamón serrano, zume de laranxa, leite, colacao.
Menú 2: bocadillo de pan con salchichón, auga, iogur natural, froitos secos e mel.

As familias estaban invitadas a asistir; así, tanto elas como o alumnado recibiron unha charla inicial onde se explicaba a importancia dunha alimentación variada así como as cantidades apropiadas a comer de cada tipo de alimento.
Por outro lado, ao rematar de almorzar tamén nos explicaron a importancia dun bo cepillado dos dentes.
Unha xornada diferente e moi divertida; con ganas de repetir para o ano!!!


Para poder ver a totalidade das imaxes, podes premer no seguinte enderezo:




CONSUMO OCASIONAL: Carnes graxas (embutidos), pasteis e bolos, bebidas e refrescos azucrados.

CONSUMO SEMANAL: Ovos (3-4). Carne magra de vacún, porco, ave (3-4 racións). Peixe e froitos do mar (3-4 racións). Legumes (2-4 racións) e froitos secos (2-3 racións)

CONSUMO DIARIO: Leite, queixo e iogur (2-4 racións). Aceite de oliva (3-6 culleres sopeiras) Froitas (3 ou máis racións) e vexetais (2 ou máis recións). Pan, pasta, arroz, patacas, outros cereais (4-6 racións)
Auga e bebidas quentes (2-3 litros). Sal iodado 5 gramos como máximo.

2 comentarios:

  1. la actividad de almorzos saludables estuvo moi ven ,na charla quederon ,hubo cousas que non sabia gracias

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por comentar.
    A verdade é que a actividade estivo moi ben, os nenos disfrutaron e pasamos unha xornada diferente almorzando na escola; a ver se para o próximo curso podemos repetir a experiencia.
    Saúdos

    ResponderEliminar