sábado, 29 de septiembre de 2012

O protagonista da semana: BRIÁN


Na aula de 6ª de E. Infantil  ( 5 anos), esta semana tivo lugar un gran acontecemento: Comezamos co Proxecto “O PROTAGONISTA DA SEMANA”!
Todos estaban impacientes para ver que acontecía, pero sobre todo Brián que ía ser o primeiro, aínda que todos saben que lles agarda tamén a eles a súa gran semana, e que de certo han de ser protagonistas neste curso 2012-2013. 
 O protagonista da semana é unha idea orixinal que presenta Carmen Ibañez Sandín (Inspectora de Educación e escritora.) no seu libro  "El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula" (1ª edición 1992, 17ª edición 2009) , que gañou un premio no ámbito da pedagoxía como mellor proposta didáctica do ano.
Esta actividade resulta enormemente motivadora e enriquecedora, xa que por medio dela os nenos e nenas vense valorados na súa individualidade e ao mesmo tempo coma membros dun grupo, axúdalles a aumentar a autoestima e o desenvolvemento das habilidades sociais, entre outras.
 Agradecemos de antemán a todas as  familias o seu compromiso a participar no proxecto, aportando os materiais e os datos necesarios e organizando os seus apertados horarios para ter unha hora o venres correspondente á semana do seu fillo ou filla para vir á participar na aula. Graciñas. 

E chegou o gran día!
 O luns, 24 de setembro, Brián foi coroado PROTAGONISTA DA SEMANA (Do 24 ao 28 de setembro). Na asemblea da mañá, foi observado con atención polos seus compañeiros que foron describindo as súas características físicas,  e que él mesmo podía comprobar e corroborar mirándose no espello.
Ao longo da semana, fomos coñecendo outros datos personais  coma:  nacemento, cor favorita, roupa favorita e a súa talla, xoguete, conto, familiares, mascota,  etc  e o panel do recuncho do protagonista  foise enchendo coas  súas pertenzas.
Onte, venres  28 de setembro, recibimos a visita da familia de Brián ao completo na aula: mamá, papá, o seu irmá pequeno Aiden e ate a súa cadela, Edra.
Foi unha mañá chea de sorpresas, pasámolo moi ben,  e convertémonos en xornalistas cheos de curiosidade para coñecer mellor ao noso compañeiro e a súa familia.
Soubemos que Brián se porta moi ben na súa casa, que cando era bebé tomaba moi ben os biberóns e que choraba se aínda tiña fame, que dende os tres anos fai moi ben os crebacabezas, que nada moi ben e que é zurdo xogando ao futbol.
Preguntámoslles en que traballaban e así nos enteramos que o papá, Guillermo, traballa de mecánico de máquinas grandes e mamá, Bea, é ilutradora gráfica, ou sexa, que fai debuxos co ordenador para decorar latas: de galletas, de atún, etc. Ensinounos unhas moi bonitas.
Bea leunos o conto preferido de Brián: "Los tres cerditos", pero nesta versión sae un oso e a Brián gústalle  moito porque é moi  gracioso.
Baixamos ao porche e alí nos agardaba o papá cunha gran sorpresa: Edra, a cadela. É enorme pero boísima, deixou que todos a acariciaramos sen rechistar.
E, para rematar a visita, a familia repartiu un agasallo que nos encantou: un cochiño de madeira moi chulo e un sugus.
Antes que marcharan, entregámoslle un diploma para agradecerlle a súa colaboración e participación no proxecto do Protagonista e rematamos cun merecido aplauso.

 GRACIÑAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario