Esta semana, do 5 ao 9 de Novembro, o protagonista foi:
ERIK
Ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis ao noso
compañeiro Erik: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . estivo encantado de poder amosarnos as súas
cousas favoritas!
Podemos ver fotos de
cando era bebé e o pequena que era a súa roupa. A Erik faille moita gracia ensinárnola. Cánto medrou!
Tamén nos foi ensinando fotos de distintos momentos da súa vida e da súa familia, e o recuncho
foise enchendo coas súas cousas.
O venres día 26,
visitounos a súa mamá, Nieves, na aula, que viña acompañada pola súa
mascota, a cadeliña Khala.
E chegou o momento de facer de xornalistas. E preguntando, preguntando. . .
soubemos que Erik foi un bebé moi tranquilo, que case nunca choraba, que
tomaba moi ben os biberóns de pequeno, pero que agora xa non lle gusta tanto
comer, aínda que o seu prato favorito é a milanesa con patacas fritidas, que
xoga moito co seu irmán Ethan e que ten unha primiña pequena chamada Paola.
Tamén lle preguntamos polos traballos que facían os papás, e nos contaron que a
mamá é administrativa nunha oficina onde chama a xente para que lle arranxen
cousas averiadas e o papá que fai deseños para máquinas. Pareceunos moi
interesante e todos e todas escoitamos moi atentos.
Por fin, outro momento esperado: a presentación en sociedade
da súa mascota, a cadeliña Khala, que xa é mamá e ten catro cachorriños na
casa. Todos os nenos e nenas quedaron encantados co boísima que era deixándose
acariñar por tantas mans inquedas.
E xa para rematar,
repartiron uns agasallos moi chulos: unhas mariposiñas de papel de
moitas cores, feitas por Erik e a súa mamá na casa, e tamén unha piruleta para
endozar a mañá.
E coma sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario