viernes, 8 de febrero de 2013

A protagonista da semana: ALEXANDRA

Esta semana, do 22 de Xaneiro ao 2 de Febreiro, a protagonista foi:
ALEXANDRA
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis á nosa compañeira Alexandra: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... tamén estivo encantada de poder amosarnos algunhas das súas cousas favoritas: peluches, roupa, conto...
Como de costume, ensinóunos fotos de cando era bebé e nos amosou o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos cánto medrou.
O xoves 31 de xaneiro, tivemos a visita na aula dos seus pais, que nos fixeron participar dunha chea de sorpresas.
A primeira foi ver que o papá viña acompañado dun enorme instrumento musical: unha gran “tuba” que soaba e todo! Comezou a tocar e fixo un percorrido pola clase coma se fose un pasarrúas; todos/as quedamos abraiados sen ser quen de reaccionar ante tal espectáculo. Pronto, nos decatamos de que ía a cousa: queríanos contar un fermoso conto titulado “A CLASE DE TUBA” e seguía tocando mentres se proxectaban as imaxes do conto na pizarra...
De súpeto, apareceu pola porta un terrible oso, que parecía moi fero, pero coa música foise facendo máis agarimoso.
A segunda sorpresa foi descubrir que o oso era, en realidade, a mamá de Alexandra que tamén participaba no conto.
Rematado o conto, Alexandra amosoulle á súa familia o traballo realizado durante a semana e, a continuación, os compañeiros/as comezaron a exercer de reporteiros facendo as preguntas de costume: os nomes, os traballos, cousas sobre Alexandra na casa dende que era bebé, etc.
 
Así, soubemos que o papá traballa nunha tenda de música e a mamá nunha mercería. Que Alex foi unha bebé moi boiña e, aínda que medrou, segue a ser moi boa. Que axuda moito e lle gusta colaborar en todo... en fin, coma na clase
E, para rematar tan doce mañá, repartíronnos uns caramelos.
 E, como sempre, antes de rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e  despedímolos cun merecido aplauso.
 
GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario