jueves, 5 de diciembre de 2013

O antes, o durante e o despois dunha visita/excursión

Cada vez que realizamos unha visita ou unha excursión a algún lugar, é importante traballar o "antes", o "durante" e o "despois", é dicir, é convinte que o alumnado coñeza que lugar vai a visitar, que cousas van a ver ou van a traballar, etc.
Por outro lado, é importante traballar unha serie de normas que teñen que respectar e, por suposto, coñecer como se vai desenvolver a sesión ou xornada.
Na aula de 5 anos estivemos a traballar estes aspectos, coincidindo coa excursión a dous museos que realizamos o pasado xoves, 21 de novembro.

ANTES DA VISITA
Os día previos, comentamos co alumnado que lugares visitariamos: dous museos da cidade de Vigo. Alí,aprenderiamos cousas moi importantes relacionadas con estes edificios e o que "conteñen". Así, o primeiro que fixemos foi elaborar unha circular ás familias, explicando que visitariamos dous museos da cidade, o día que tería lugar a excursión, os materiais que tiñamos que traer, etc.
Na aula, coñecimos un pouco máis cada un dos museos que descubririamos e as súas características (onde estaban situados, como chegariamos a cada un deles, se precisabamos entrada ou non, cal era o prezo, ...) 
Para coñecer a ubicación e o desprazamento dun museo ao outro e do cole aos dous, utilizamos o Google Maps e a súa opción do Street View (moi aconsellable tanto para maiores como para pequenos. A través de internet podemos desprazarnos pola cidade de Vigo sen problema!!!)

Segunda visita: FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA (Entrada: 1 euro)

O DÍA DA VISITA
Podedes lembara como foi a visita premendo na seguinte ligazón:
Por outra banda, é importante, antes de saír no autobús, lembrar unha serie de normas a cumprir por todos/as, podemos tamén facer parellas de dous nenos/as para que vaian pola rúa agarrados das mans,...

DESPOIS DA VISITA
 Os días posteriores a realización da visita, traballamos que aprendimos na excursión e nos museos.
Lembramos, a partires de imaxes, diferentes escenas de ese día e o que alí aprendimos. 


En primeiro lugar, lembrados a visita á Fundación Pedro Barrié de la Maza. Alí, descubrimos como vivían os prehistóricos: como dormían, como pintaban e como imaxinaban que sería o futuro.


En segundo lugar, lembramos a visita á Fundación Novacaixagalicia, onde puidemos descubrir os cadros do artista Ruibal. Con Jorge, o noso monitor, descubrimos cales eran os animais que aparecían nos seus cadros e, posteriormente, nos convertimos en pintores debuxando e coloreando unha xirafa.



 Nesta última visita, precisamos pagar 1 euro para poder acceder á exposición. Así, cada vez que un neno/a facía o pago, recibía unha entrada.
Como ben sabedes, existen museos de entrada libre e, outros, de pago (este foi un aspecto a traballar posteriormente na aula)



E ti, coñeces outros lugares onde tamén precisemos entrada? Sabes como temos que comportarnos nestes lugares? hai normas como na escola? Que persoas traballan nos museos? Estas e outras cuestións as traballaremos estes días nas aulas e estaredes informados das nosas investigacións a través deste blog.

2 comentarios:

  1. Unha forma xenial de traballar as saídas. Boa finde!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana!!!
    Saudiños e moitas apertas

    ResponderEliminar