miércoles, 29 de enero de 2014

Ideas para traballar o Día da Paz

O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Por iso, dende este blog queremos compartir con todos/as unha serie de actividades que xa estamos a realizar nas aulas de educación infantil, por se son do voso interese, as queredes imprimir, utilizar nas vosas casas ou aulas,...
A idea deste ano foi traballar esta poesía tan chula sobre os amigos e amigas de diferentes nacionalidades.
 O xoves 30 de xaneiro, o alumnado levará para as súas casas unha manualidade para conmemorar este día; un exemplo dela é esta pomba da Paz que terán que picar e colorear...
 ... ou esta man con cada dedo alusivo a unha raza diferente:

Se queredes lembrar actividades realizadas durante estes últimos cursos podedes premer na seguinte ligazón e acceder ao historial de arquivos relacionados coa celebración da Paz.

2 comentarios:

  1. Que boísimos recursos! Grazas por compartilos. Deséxovos un gran Día da Pazl

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana.
    Agardamos que disfrutes da celebración do Día da Paz. Mañá, subiremos outra entrada con máis novas sobre as nosas actividades relacionadas con este día tan especial.
    Bicos.

    ResponderEliminar