lunes, 24 de marzo de 2014

Excursión ao Parque Forestal de San Miguel

O pasado mertes, 18 de marzo, o alumnado de educación infantil saíu de excursión ao Parque Forestal de San Miguel de Oia.  
O obxectivo era facer un plantío de árbores autóctonas, actividade que forma parte do Proxecto de Educación Ambiental Voz Natura.
Noutras ocasións, xa realizamos esta actividade en educación infantil (para a lembrar, preme na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/03/prantamos-arbores-no-monte-de-san.html)
A primeira hora da mañá, subimos no autobús que nos desprazou ata o Parque Forestal de San Miguel de Oia. 

Alí, coma sempre, contamos coa gran axuda dalgúns integrantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, de San Miguel de Oia.
 Coa súa gran axuda e tamén a colaboración das mestras puidemos facer a prantación de 25 novas árbores que, pouco a pouco, irán medrando e formarán parte deste Parque Forestal.
Unha vez finalizado o duro traballo, fixemos un paseo pola zona e, despois de camiñar un pouquiño, puidemos desfrutar das vistas do cole, Vigo e Baiona dende o alto do monte... bueno, e tamén descansar un anaco sobre a herba... Estabamos un pouco cansados/as.
 Tamén houbo tempo de merendar; pan con chocolate, froita variada e zumes de froitas foron a recompensa polo traballo tan duro e a caminata posterior.
En definitiva, unha xornada de martes moi interesante, productiva, amena e con mois bos resultados.
Se queredes desfrutar da totalidade das imaxes, podedes premer na seguinte ligazón:




No hay comentarios:

Publicar un comentario