viernes, 8 de mayo de 2015

Traballando o esquema corporal

Un dos cambios máis significativos na educación infantil é o proceso madurativo dos nenos e nenas de 3 anos. Así, cando chegan á escola (co Período de Adaptación) están temerosos e moi coitados; pouco a pouco, van coñecendo o funcionamento do colexio e ás persoas que integran a comunidade escolar, e van madurando. A día de hoxe, xa están totalmente adaptados aos ritmos da escola e son uns "chicos e chicas maiores".
Un dos aspectos no que máis notamos a súa evolución é no debuxo do esquema corporal. Cada mañá, durante a asemblea, o axudante fai o debuxo do encargado/a dese día. Pouco a pouco, imos buscando detalles no noso corpo, fixamos a atención nas diferentes partes, diferenciamos cabeza-tronco-extremidades, poñemos o pelo tal e como o ten o encargado, nos fixamos se ten ou non pendentes, etc.
Así, cada día facemos debuxos do esquema corporal onde as partes do corpo humano quedan moi ben integradas na figura. Aquí tedes unha mostra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario