martes, 25 de octubre de 2016

BiblioRia

O GRAN DÍA

O  día 24 de outubro, como xa sabedes, é  o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e foi o día sinalado para facer a reapertura da nosa Biblioteca Escolar.
Fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar. O título do proxecto de centro deste ano é 
"AS MARABILLAS DO MUNDO"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía  nada mais chegar ao cole. Invitamovos a visitar o blog da BiblioRia para que vexades todo o que alí se desenvolveu. 


A BiblioRía de Gaspar

No hay comentarios:

Publicar un comentario