jueves, 26 de enero de 2017

UNHA VISITA ESPECIAL

Familias!! como xa sabedes, os nenos/as de educación infantil estamos traballando China, e na aula de 3 anos hoxe tivemos unha visita moi especial! Li - Pei, a mama de Lucas, é de Taiwan e estivo contándonos moitas cousas sobre a cultura China!


Coa axuda de Lucas aprendemos como se din algunhas palabras en Chino Mandarín.


Trouxonos un mapa de China onde puidemos observar a súa gran extensión e onde se sitúa a Gran Muralla China.



Tamén nos contou que este fin de semana comeza o ano novo Chino. Explicounos que cada ano se corresponde cun animal como símbolo de protección, e contounos unha lenda sobre ditos animais e o seu orde. Este novo ano será o ano do galo!





Aprendemos a utlizar os palillos e puidemos practicar con eles porque nos trouxo un montón! Con eles probamos un fruto seco Chino, que tiña un sabor moi diferente aos que estamos acostumados.












Para finalizar mostrunos como se escribe en China, e fíxonos para cada un unha palabra nunha cartulina vermella, decía "primavera".






Quedáronnos xenial!



E antes de marchar regalounos a cada un o noso nome escrito en Chino!






Aprendemos un montón con Li- Pei! 
Moitísimas grazas pola visita!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario