lunes, 23 de octubre de 2017

BINGO!

Coa finalidade de repasar e interiorizar as letras maiúsculas, os venres xogamos ao Bingo das letras. Cada neno/a adquire un cartón e un rotulador. Os locutores do bingo van dicindo a letra que sae e os participantes van marcando as letra que teñen no seu cartón, cando fan unha liña poden cantala ou esperar ao bingo, cando teñan todo o cartón cuberto.









Pasámolo xenial! 
O noso primeiro finalista foi Lucas Durán!


Tras cantar o bingo, os locutores dan comezo a comprobación para verificar que sexa correcto. Unha vez resolto, o campión obtén un pequeno agasallo que compartirá con tódolos participantes.



O seguinte venres tivemos un empate entre Miranda e Xiana, que cantaron o bingo a vez!

No hay comentarios:

Publicar un comentario