lunes, 13 de noviembre de 2017

PLANTAMOS LANDRAS

Os xoves visitanos o profe Juanca e aproveitamos a súa axuda para facer actividades relacionadas coa natureza. Nesta ocasión plantamos landras! Para esta actividade contamos coa colaboración de Carla, a mama de Miranda. 

Por mor dos incendios da zona decidimos poñer o noso gran de area na reconstrucción do monte con esta tarefa a longo prazo. 

A tarefa consistiu en plantar unhas landras na zona da horta escolar, as que iremos regando e coidando coa idea de que, dentro duns anos, cando se convertan en pequenos carballos, os poidamos prasplantar ao noso monte.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso.





























Moitas grazas Juanca e Carla pola vosa participación!
Sen a vosa axuda non sería posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario