miércoles, 11 de abril de 2018

Visitas a clase de 4 de E.I.

A semana pasada na clase de 3 anos, bueno 3 e moitos xa de 4 anos jejeje!!, viñeron dúas supervisitas. Unha delas a máis especial de todas as que poidamos ter porque cada vez que pode vir un ratiño á clase pois...pómonos moi moi moi contentos !!!! Visitounos o noso compi Yoel !! e nós démoslle de agasallo un libro cuns debuxos para que cando estea no hospital se lembre de nós !! Deullo a que era ese día encargada, Carlota. 


 E ese mesmo día pois...outra visita !! A mamá de Nahuel, Tania, viunos contar contos !!! Un conto de lobos, que nos encantan aínda que as veces nos dean un pouco de medo, e un conto de Peter Pan. Ademais converteunos a todos en lobos cuns cairos moi especiais e tamén nos trouxo uns gorros para ser Peter Pans !! Estivo xenial!!!!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario