jueves, 15 de noviembre de 2018

CENTRO DE DÍA CASTRELOS

Este luns os nenos e nenas de 5 anos tivemos a oportunidade de compartir unha mañá cos maiores do centro de día Castrelos. Recibíronnos con ledicia e todo preparado para desfrutar dunha xornada de Samaín, tras presentarnos e coñecer aos maiores, escoitamos historias de medo, algunhas vivencias propias dos avós e incluso puidemos contar tamén algunha historia terrorífica! Agasalláronnos con roscón e chocolate quente para repor enerxías, e por último elaboramos en grupo unhas mascaras de samaín, de cabazas e morcegos, desfrutando da compañía mutua! 
Aquí vos deixamos unha mostra do vivido.





Desfrutamos moito desta convivencia! 
Grazas por contar no nos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario