martes, 29 de noviembre de 2016

VISITAMOS A BIBLIORÍA E COÑECEMOS A GASPAR

Ao longo deste mes coñecemos e visitamos a Biblioría! (http://biblioria.blogspot.com.es/)
A profe Geli presentounos a Gaspar, a mascota da Bilioteca do colexio e explicounos que Gaspar existe de verdade! É un golfiño que transita a Ría de Vigo e disfruta moito achegándose as persoas!

 (pulsade na primeira imaxe para obter máis información sobre Gaspar)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Gaspar_(golfi%C3%B1o)



Tamén aprendemos a utilizar o Encerado Dixital Interactivo da biblioteca. Encantounos!




Cubimos o noso pasaporte lector para poder ir a biblioteca e coller libros de prestamo.








Xa na clase, fixemos os nosos propios marcapáxinas de Gaspar, para cando levemos contos de préstamos da Biblioría deixalos no lugar onde collemos os contos, e así saber cal era o seu lugar cando o devolvamos.





 Quedaron así de bonitos!



Tamén colocamos na porta da aula un buzón para Gaspar, e xa recibimos as súas primeiras cartas! onde nos conta que nos levará de viaxe, ao longo de todo o curso, polas diferentes marabillas do mundo!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario