lunes, 20 de abril de 2015

Visita das madriñas/padriños lectores

Esta semana, celebramos na escola o Día do Libro e milleiros de actividades inundan o colexio, grazas a nosa BiblioRía
O pasado venres, 10 de marzo, os padriños/madriñas lectores do alumnado máis novo da escola acudiron ás aulas para coñecer aos seus afillados/as. Foi unha xornada moi especial; os afillados/as estiveron comentando cales eran os seus gustos e preferencias, cales eran os contos que máis lles gustaban, as temáticas,... así, os padriños e madriñas tomaron ben de notas para poder atopar diferentes historias nos contos que se adapten aos gustos dos seus afillados.
O vindeiro xoves, 23 de abril: DÍA DO LIBRO, realizaremos no patio (se o tempo acompaña) unha sesión de lectura entre eles que, como cada ano, merece moito a pena desfrutar.
Aquí vos deixamos coas imaxes do día e estade moi atentos e atentas ao blog para seguir todas actividades desta semana tan lectora.


Fonte das imaxes e da información: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

4 comentarios:

  1. Hola. seguro que fue una jornada inolvidable para todos. Ahora a por las actividades del jueves, Día del Libro. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por comentar. El jueves nos espera un día fabuloso; os lo contaremos todo en el blog.
      Saludos

      Eliminar
  2. É unha boísima idea. Nós tamén andamos co apadriñamento lector e os meus nenos de quinto están encantados de poder ler aos peques. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É verdade! Os nenos maiores desfrutan un montón e se senten super responsables coa tarefa de ler os contos aos máis pequenos.
      Saúdiños

      Eliminar