Como ben comentabamos na entrada do luns deste blog:
os nenos e nenas de 3 anos estiveron practicando no ensartado de bolas para, posteriormente e cunto co resto de alumnado de infantil, realizar collares prehistóricos, que utilizaremos o día da festa de Entroido da escola, para completar o noso disfrace.
Así, grazas a la e a pasta de cores, puidemos deseñar estes collares tan chulos. Aquí vos deixamos cunhas imaxes da actividade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario