Coa chegada do Samaín,
na aula de cinco anos estivemos traballando un pouquiño o tema do medo e, estes días,
tamén o traballamos da man da nosa amiga Juanita. Despois de leer a historia
"Luci, la luciérnaga" mostrámoslle aos nenos e nenas unhas pinturas que
introducían o tema do medo e da oscuridade. Preguntámoslle ao alumnado se era posible que
nos gustase unha obra de arte onde se nos amose "medo" e, a continuación, lles pedimos que nos
explicasen as respostas ofrecidas.
As obras suxeridas foron do Pintor Henri Rousseau.
Partindo de cada unha das obras anteriores, ofrecéuselle a
cada neno/a un anaco dunha das obras, que pegaron nunha folla e, posteriormente, tiveron que
rematar eles/as a súa propia obra de arte.
Por suposto que nos gusta. Fixeron unha gran obra de arte. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!
ResponderEliminarComo ben sabedes, os contos da xoaniña son moi interesantes e as historias lles gustan moito a nenos e nenas.
Saúdos