domingo, 10 de octubre de 2010

O protagonista da semana: REBECA

Este ano, na aula de 5 anos, estamos desenvolvendo un proxecto chamado "O protagonista da semana"; así, como o nome di, cada semana temos un neno ou nena protagonista na aula. As súas familias participan aportando fotografías do nacemento, da familia, anécdotas, etc. Os venres celebramos na aula o fin de festa como protagonista e esta é a crónica da primeira delas: Rebeca.
Este venres, 8 de outubro, contounos moitas cousas da súa vida: como foi o seu nacemento, cando mediu e pesou, como se chaman os integrantes da súa familia, os nomes e os comportamentos das súas irmáns, etc.
O resto do alumnado da aula actuou como xornaleiros, preguntando un montón de cousas á Rebeca: cal é a túa comida favorita?, cal é a túa cor favorita?, tes mascota?,...
Para rematar a festa, bailamos a canción favorita da prota ("Tengo la camisa negra") e o baile favorito ("Soy una taza")
Unha xornada moi divertida que finalizou coa entrega do diploma a ela e a súa familia pola gran colaboración.
Quen será o seguinte...?
Pois estade moi pendentes ao blog que aquí teredes toda a información...
ata pronto...

viernes, 1 de octubre de 2010

Recetario Educación Infantil

Aquí tedes a recopilación das receitas realizadas no Obradoiro de cociña do curso pasado. A partires do segundo trimestre, o alumnado de educación infantil traballou en cinco grupos onde se repartiron os nenos e nenas das aulas de 3, 4 e 5 anos... mmm...que apetecible!!!
A verdade, é que todas estaban boísimas... veña, aproveitade o tempo libre e a cociñar!!!...
Rec Eta Rio

Don Cabaliño de mar

Grazas ao alumnado que o ano pasado estivo en 2º de educación primaria e, como non, a Begoña e Bieito (a titora e o mestre de Coñecemento do Medio e Educación Física) podemos disfrutar dun conto elaborado por el@s mesmos: "Don Cabaliño de mar".
É unha tradución do conto "El caballito de mar" de Eric Carle... se vos fixades, as algas que aparecen foron recollidas, secadas e plastificadas polos integrantes deste precioso traballo.
Que vos parede? Deixa o teu comentario.
Don Cabal in Ode Mar

O Camaleón camaleónico

Como xa sabedes, durante o curso pasado, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria estivo a traballar as obras e a vida do autor e ilustrador Eric Carle.
Os nenos e nenas de 5 anos, traballaron con mestra Ángeles o conto "El camaleón camaleónico" que adaptaron ao galego; por problemas técnicos non fora posible publicalo neste blogue, polo que agora xa chegou o momento e aquí o tedes?
Que vos parece?... agardamos os vosos comentarios.
Con to Cam Ale On

Fichas de secuencias temporais

Navegando pola rede nun dos milleiros álbumes Picassa, atopamos estes debuxos para traballar secuencias temporais que aproveitamos para traballar co Encerado Dixital Interactivo ou tamén chamado por nós Pizarra Máxica.
Fichas secuencias temporales

viernes, 24 de septiembre de 2010

SAM, o noso home do tempo

Dende xa fai tempo, os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil traballamos o tempo cunha aplicación moi curiosa. O noso "amigo" Sam ensínanos o clima que fará na nosa cidade o mesmo día e ao día seguinte, amósanos as temperaturas máxima e mínima,... e todo iso dunha maneira moi divertida. Aquí vos deixamos o enlace (preme na imaxe de abaixo e accede á aplicación).

http://www.activamultimedia.com/sam/
Por outra banda, tamén comparamos o clima que nos amosa San co que di a páxina de Meteogalicia coa que aprendemos tamén cales son as provincias de Galicia, onde está o noso cole,...
http://www.meteogalicia.es/web/index.action

MENÚ SEMANAL DE MERENDAS

Queridas familias!
Como sabedes, cada día da semana é necesario que o alumnado traia merendas saudables á escola; por iso, aquí vos presentamos o calendario de merendas dos nenos e nenas de educación infantil. Grazas pola vosa colaboración.


martes, 14 de septiembre de 2010

Así queda o profesorado de Educación Infantil


Como todos os anos, comeza un novo curso e novas caras incorpóranse ao noso claustro. Aquí tedes unha relación das mestras e mestres que participarán nas aulas de Educación Infantil.

Titora de 3 anos: ÁNGELES MAQUIEIRA CAMIÑA
Titora de 4 anos: EMMA LÓPEZ LÓPEZ
Titora de 5 anos: Mª TERESA PAZOS ALONSO
Mestra de apoio 1: PAULA CAMPOS CALDAS
Mestra de apoio 2 e mestra de inglés: Mª BELÉN BEREA CRUZ
Mestre de Educación Física: JOSÉ BENITO MÍGUEZ ROSENDO
Mestre de Música: JUAN CARLOS VÁZQUEZ VÁZQUEZ
Mestra de Relixión: ANA MAQUIEIRA RODRÍGUEZ

Para máis información, poderedes acceder á páxina web do noso cole:

lunes, 13 de septiembre de 2010

CHEGAMOS ÁS 2000 VISITAS

Menuda sorpresa nada máis chegar das nosas vacacións. O noso blogue xa pasa das 2000 visitas!!!... Dende aquí, queremos dar as grazas a todas esas persoas que visitades o noso blogue e vos animamos a seguir deixando comentarios, preguntas, etc.
GRAZAS

jueves, 9 de septiembre de 2010

Iniciamos o curso cunha nova actividade LIM

Chega o novo curso e unha nova actividade LIM. Son unha breves e sinxelas actividades sobre a escola... esperamos que vos gusten.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Xa estamos de volta

VOLTA Á ESCOLA


Xa é 1 de setembro e o noso cole volve abrir as súas portas... O noso blogue tamén abre despois dunhas vacacións para contar milleiros de historias sobre o noso día a día nas aulas de Educación Infantil.
Animamos, coma sempre, aos nosos usuarios e usuarias a deixar comentarios nos diferentes artigos do blogue, soamente tes que premer no apartado de comentarios que atoparás debaixo de cada artigo. Poderedes dar a vosa opinión, deixar enlaces de interese, saúdos, etc. Lembra que os blogs aliméntanse dos teus comentarios!!!... Adiante!!!

domingo, 4 de julio de 2010

Baila "Soy una taza"

Grazas aos "Cantojuegos" que tanto nos gustan, podemos disfrutan dunha das cancións interpretadas polo alumnado de 4 anos do noso cole: "Soy una taza"... practica o ritmo e os pasos e disfruta durante o verán... ADIANTE!!!