domingo, 10 de octubre de 2010

O protagonista da semana: REBECA

Este ano, na aula de 5 anos, estamos desenvolvendo un proxecto chamado "O protagonista da semana"; así, como o nome di, cada semana temos un neno ou nena protagonista na aula. As súas familias participan aportando fotografías do nacemento, da familia, anécdotas, etc. Os venres celebramos na aula o fin de festa como protagonista e esta é a crónica da primeira delas: Rebeca.
Este venres, 8 de outubro, contounos moitas cousas da súa vida: como foi o seu nacemento, cando mediu e pesou, como se chaman os integrantes da súa familia, os nomes e os comportamentos das súas irmáns, etc.
O resto do alumnado da aula actuou como xornaleiros, preguntando un montón de cousas á Rebeca: cal é a túa comida favorita?, cal é a túa cor favorita?, tes mascota?,...
Para rematar a festa, bailamos a canción favorita da prota ("Tengo la camisa negra") e o baile favorito ("Soy una taza")
Unha xornada moi divertida que finalizou coa entrega do diploma a ela e a súa familia pola gran colaboración.
Quen será o seguinte...?
Pois estade moi pendentes ao blog que aquí teredes toda a información...
ata pronto...

1 comentario:

  1. paréceme estupendo este blog, moi interesante e con moitos recursos!

    ResponderEliminar