lunes, 9 de diciembre de 2013

Decorando a aula de Relixión

Os nenos e nenas da escola que van ás clases de Relixión (dende os de infantil aos de primaria) decoraron a aula e os corredores da escola con motivos de Nadal. Así, colocaron no interior da clase o tradicional Belén así como fixeron unha composición na porta de entrada con palabras importantes para todos e todas.
Aquí vos deixamos unha seleción de imaxes. En breves, poderedes desfrutar da decoración dos corredores das aulas de infantil.
 

jueves, 5 de diciembre de 2013

O antes, o durante e o despois dunha visita/excursión

Cada vez que realizamos unha visita ou unha excursión a algún lugar, é importante traballar o "antes", o "durante" e o "despois", é dicir, é convinte que o alumnado coñeza que lugar vai a visitar, que cousas van a ver ou van a traballar, etc.
Por outro lado, é importante traballar unha serie de normas que teñen que respectar e, por suposto, coñecer como se vai desenvolver a sesión ou xornada.
Na aula de 5 anos estivemos a traballar estes aspectos, coincidindo coa excursión a dous museos que realizamos o pasado xoves, 21 de novembro.

ANTES DA VISITA
Os día previos, comentamos co alumnado que lugares visitariamos: dous museos da cidade de Vigo. Alí,aprenderiamos cousas moi importantes relacionadas con estes edificios e o que "conteñen". Así, o primeiro que fixemos foi elaborar unha circular ás familias, explicando que visitariamos dous museos da cidade, o día que tería lugar a excursión, os materiais que tiñamos que traer, etc.
Na aula, coñecimos un pouco máis cada un dos museos que descubririamos e as súas características (onde estaban situados, como chegariamos a cada un deles, se precisabamos entrada ou non, cal era o prezo, ...) 
Para coñecer a ubicación e o desprazamento dun museo ao outro e do cole aos dous, utilizamos o Google Maps e a súa opción do Street View (moi aconsellable tanto para maiores como para pequenos. A través de internet podemos desprazarnos pola cidade de Vigo sen problema!!!)

Segunda visita: FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA (Entrada: 1 euro)

O DÍA DA VISITA
Podedes lembara como foi a visita premendo na seguinte ligazón:
Por outra banda, é importante, antes de saír no autobús, lembrar unha serie de normas a cumprir por todos/as, podemos tamén facer parellas de dous nenos/as para que vaian pola rúa agarrados das mans,...

DESPOIS DA VISITA
 Os días posteriores a realización da visita, traballamos que aprendimos na excursión e nos museos.
Lembramos, a partires de imaxes, diferentes escenas de ese día e o que alí aprendimos. 


En primeiro lugar, lembrados a visita á Fundación Pedro Barrié de la Maza. Alí, descubrimos como vivían os prehistóricos: como dormían, como pintaban e como imaxinaban que sería o futuro.


En segundo lugar, lembramos a visita á Fundación Novacaixagalicia, onde puidemos descubrir os cadros do artista Ruibal. Con Jorge, o noso monitor, descubrimos cales eran os animais que aparecían nos seus cadros e, posteriormente, nos convertimos en pintores debuxando e coloreando unha xirafa.



 Nesta última visita, precisamos pagar 1 euro para poder acceder á exposición. Así, cada vez que un neno/a facía o pago, recibía unha entrada.
Como ben sabedes, existen museos de entrada libre e, outros, de pago (este foi un aspecto a traballar posteriormente na aula)



E ti, coñeces outros lugares onde tamén precisemos entrada? Sabes como temos que comportarnos nestes lugares? hai normas como na escola? Que persoas traballan nos museos? Estas e outras cuestións as traballaremos estes días nas aulas e estaredes informados das nosas investigacións a través deste blog.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Lembramos a nosa visita aos museos

Na aula de catro anos, estivemos a traballar sobre a nosa visita ás Fundacións Novacaixagalicia e Pedro Barrié de la Maza.
Nun primeiro momento estivemos a establecer diferenzas no modo de entrar a cada unha delas, xa que, na primeira, tivemos que pagar entrada e na segunda non.
Unha vez tratado este punto, plasmámolo no proxecto facendo una ficha na que coloreamos o nome da palabra ”entrada” e o prezo; logo, pegamos o modelo de entrada que nos deron na fundación.
Outra das sesións tratou sobre o artista Manuel Ruibal e puxemos nomes aos animais que aparecían nas obras de arte que tivemos ocasión de ver na exposición.
Por último, despois de facer un repaso pola obra de Ruibal, pegamos no noso proxecto a reproducción que fixemos durante a saida da obra “La jirafa Oteadora”

martes, 3 de diciembre de 2013

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_Os peixes vermellos do lago

A semana pasada, na aula de 5 anos estivemos a ler o segundo conto do libro "La mariquita Juanita".
Nesta ocasión, coñecimos aos peixes vermellos do lago, que Juanita miraba alí reflectidos. Cada un de nós viu os peixes do libro e estivemos a comentar que tipos de peixes coñeciamos, se comiamos algúns deles, etc. Comparamos o tamaño que estos peixes vermellos tiñan coa nosa palma da man e, a continuación, cada neno e nena debuxou nunha folla o lago e os peixes que miraba a xoaniña.
Aquí vos deixamos unha presentación con todos eles:
Doutra banda, aproveitamos a sesión para subir á aula onde lemos os contos de Juanita todos os materiais aportados polas familias. Así, fomos enchendo as mesas con obxectos variados así coma con diferentes traballos realizados na aula: un deles onde se describe como é Juanita e, o outro, no que representamos o reflexo no lago dalgúns de nós.
Agardamos que vos guste. 

lunes, 2 de diciembre de 2013

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_A súa cor vermella

Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de catro anos. Desta volta, comparamos a cor vermella de “Juanita” con moitos outros obxectos que temos na clase; tamén comparamos as diferentes tonalidades de vermello na gran variedade de obxectos en forma de xoaniña aportados polas familias.
Por último, e como estamos embarcados no proxecto da BiblioRía, "Lendo con arte", estivemos a comparar as tonalidades de vermello con algunhas obras de arte como as seguintes:

Mesa servida. Matisse
La música. Matisse
Taller rojo. Matisse
La danza. Matisse
Gran taller rojo. Matisse
Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno/a realizou unha ficha onde tiña que atopar cinco diferenzas entre o orixinal e o modelo da obra de Matisse, ”La danza”. Unha vez atopadas tiveron que colorear o modelo.

Así, rematou una semana máis a nosa cita con “Juanita”. A próxima semana esperámosvos con máis novidades.