Aquí vos deixamos este proxecto sobre A Prehistoria, orientado ao alumnado de 5 anos.
martes, 19 de mayo de 2015
Gañadores IX Premio Espiral Edublogs (2015)
A continuación, vos amosamos aos gañadores da IX edición do
Premio Espiral Edublogs. A verdade é que estamos moi satisfeitos, pese a non estar na lista, de quedar entre os seis finalistas, entre tantos e tantos blogs presentados.
Blogs de Recursos Educativos:
Blogs de Centros Educativos:
- CEIP Valdespartera: nuestro proyecto colaborativo de centro
- El blog de la escuela 15 un lugar para encontrarnos
- La Torre de Babel de Utebo Proyecto Pole
Blogs de Reflexión Educativa:
- averkpasa "Ideas y recursos para otra educación"
- El blog de Manu Velasco
- Passet a Passet | Educar para SER
- A.M.P.A. Colegio San Francisco Coll (FESD) de Albacete
- Ampa El Pocito - IES La Fuensanta Cordoba
- El Cole de Jorge
- ¡C@ntamos Contigo! "Los niños del mundo dan gracias a la vida"
- Proyecto Colaborativo AporTICs
- Viaja con Nosotr@s
Blogs de maestros y maestras de infantil:
Blogs de alumnos de Primaria:
Blogs de alumnos de secundaria:
Blogs de alumnos de Bachillerato:
Blogs de alumnos de adultos-universidad-EOI:
Blogs de alumnos de FP:
lunes, 18 de mayo de 2015
Cantos monumentos prehistóricos!!!
Xa sabedes que o alumnado de infantil é un auténtico experto na época da Prehistoria. Así, despois de moito investigar, atoparon pola nosa zona e cidade milleiros de restos desta época da Historia.
Para poder situar visualmente os elementos atopados, decoraron un mapa da nosa cidade, onde podemos diferenciar cada unhas das localidades; os maiores de 5 anos pintaron cada unha desas localidades dunha cor diferente e, a continuación entre todos, pegamos os restos arqueolóxicos atopados.
Aquí vos deixamos co resultado.
viernes, 15 de mayo de 2015
Feliz Día Internacional das Familias
Hoxe, 15 de maio, se celebra en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.
Na nosa escola, é unha celebración que nunca deixamos pasar por alto e, coma sempre, elaboramos nas aulas un pequeno agasallo para todas as nosas familias, as que sempre colaboran cos proxectos e con todas as actividades propostas. Para todas vós, FELIZ DÍA!!!


Este ano, realizamos unha manualidade moi relacionada co tema do proxecto: unhas casas castrexas, nas que vivína os homes e mulleres da Prehistoria. Tanto aquí coma aquí xa vos amosamos como se desenvolvía o proceso de elaboración das casas prehistóricas; hoxe, vos amosamos o resultado e empaquetado final. Quedaron chulos, verdade?
Aquí vos deixamos tamén con esta imaxe que poderedes imprimir e, a continuación, pegar unha foto da vosa familia.
jueves, 14 de mayo de 2015
XUNTOS POLA PAZ!!! Saída ao CEIP. Castelado, de Navia
Mañá, o alumnado do noso cole visitará o CEIP. Castelado, de Navia, para realizar unha xornada de convivencia e xogos, como xa ben sendo habitual entre nós.
Debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que cancelar esta convivencia en varias ocasións pero parece que mañá xa poderá ser posible.
Por iso, nas dúas escola xa estamos con todos os preparativos das actividades. No noso cole, estivemos ensaiando as cancións que cantaremos e bailaremos todos xuntos, formando grandes rodas.
Doutra banda, hoxe recibimos no correo electrónico a invitación dos nenos e nenas da Navia para que visitemos a súa escola. Aquí podedes ver a invitación (tedes que ter un pouco de paciencia porque tarda en comezar un pouquiño)
Coma sempre, mañá será un día fermoso de convivencia entre dúas escolas. Cando teñamos todas as imaxes da xornada, subirémolas a este blog, así que estades moi atentos e atentas!!!
"La cocina de dibujos": Tarta de triángulos
Na aula de 3 anos continuamos a facer saborosas receitas en papel, todas elas inspiradas a partires deste conto de Hervé Tullet.
En receitas anteriores, xa puidemos degustar unhas saborosas "Delicias de garabatos", así como unha "Ensalada rápida de círculos". Hoxe, a nova receita que vos amosamos é unha "Tarta de triángulos", que quedou moi, moi saborosa!!! Mmmmm!!!
Aquí vos deixamos coa receita, para que a poidades elaborar nas casas e nas aulas, así como coas imaxes do ben que cociñan os nenos e nenas de 3 anos. Agardamos que vos gusten.
miércoles, 13 de mayo de 2015
Saída ao Castro de Vigo
Como xa vos adiantamos neste post, o alumnado de 3 e 4 anos da escola foi de excursión ao Castro de Vigo.
Alí, desfrutamos dunha xornada moi especial, na que non introducimos noutra época: a Prehistoria. Puidemos converternos en pequenos homes e mulleres daquela época e nos adentrar nas casiñas e nos espazos que alí se atopan. Grazas a Rosa, a monitora, puidemos aprender a diferenciar entre unha casa castrexa (de planta circular) e unha casa romana (de planta cadrada), así como ver os diferentes obxectos do seu interior e os seus usos.
Unha xornada moi intersante na que puidemos profucdizar en todo o que xa sabemos grazas ao noso proxecto sobre a Prehistoria, enmarcado dentro do proxecto de centro "Lendo coa arte que nos rodea".
Aquí vos deixamos coas imaxes da saída.
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)
martes, 12 de mayo de 2015
Actividades para as Letras Galegas 2015
O vindeiro domingo, 17 de maio de 2015, se celebrará, como ben sendo habitual o...
A celebración deste día foi instituída
no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do
libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e
homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano, o autor homenaxeado é
Controvertido intelectual galego, foi co-fundador do
Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o
Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro
da Real Academia Galega.
É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia,
literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura
galega.
Dende o Seminario Galán, podemos acceder a moitísima información sobre o autor así como a milleiros de recursos para utilizar nas aulas. Aquí vos deixamos coas ligazóns:
ÁLBUM DE FOTOS
Non dubidedes en visitar o blog de Normalización Lingüística da escola:
http://www.embarcatenogalego.blogspot.com.es/
Non dubidedes en visitar o blog de Normalización Lingüística da escola:
http://www.embarcatenogalego.blogspot.com.es/
lunes, 11 de mayo de 2015
A Idade dos Metais
Despois de traballar na aula coas dúas primeiras etapas da Prehistoria: Paleolítico e Neolítico, chegou o turno da:
A IDADE DOS METAIS
Así, investigamos que os prehistóricos descubriron diferentes metais como o bronce, o cobre e, sobre todo, o ferro, que era o máis resistente, e co que fabricaban milleiros de ferramentas. Aquí podedes ver tres tipos diferentes de ferramentas e os usos que lle daban:
A IDADE DOS METAIS
Así, investigamos que os prehistóricos descubriron diferentes metais como o bronce, o cobre e, sobre todo, o ferro, que era o máis resistente, e co que fabricaban milleiros de ferramentas. Aquí podedes ver tres tipos diferentes de ferramentas e os usos que lle daban:
Por outra banda, descubrimos un
importante invento: a roda, e estivemos a traballar con obxectos que rodan e non rodan. Como o mellor para investigar, é probar, esto mismo foi o que fixemos; utilizamos diferentes obxectos que atopamos na aula para facer ensaio-erro sobre se rodaban ou non. Unha vez realizada a proba, puidemos clasificar sen problema as seguintes imaxes.
viernes, 8 de mayo de 2015
Somos Finalistas do IX Premio Espiral Edublogs (2015)
Onte, non puidemos comezar mellor o día que coa noticia seguinte:
Polo mes de febreiro, publicabamos un novo post onde vos comentabamos a nosa participación no IX Premio Espiral Edublogs 2015 (para lembrar a noticia, podes premer aquí, e para ver a páxina da nosa participación aquí) Durante todos estes meses, o blog contou na marxe dereita co noso logo de participación que, en breves, pasará a ser o logo de finalista.
Dende este espazo, soamente podemos dar as GRAZAS ao xurado, por considerar que o noso blog debe estar entre os seis finalistas, así como agradecer tamén a toda a Comunide Educativa e, por suposto, aos nenos e nenas da escola que son os que fan posible que este blog camiñe día a día.
Aquí vos deixamos os blogs finalistas na nosa categoría: "Blogs de mestres e mestras de infantil". Non deixedes de visitar estes blogs porque son marabillosos, así como os que tamén se presentaron e non lograron ser finalistas.
- MI COLE, MI PEQUEÑO MUNDO
- La Tutoría en Educación Infantil
- Pantallín visita educación infantil
- Infantil en el Sedofeito
- Pequeños Monstruitos
- EL RINCÓN DE INFANTIL
Para acceder á lista completa de blogs finalistas en todas as categorías, podes premer na seguinte ligazón: http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/recurso/finalistas-ix-premio-espiral-edublogs-2015/cdaf38a4-e094-4c9d-9fcd-9632492276fb
NORABOA A TODOS E TODAS E MOITAS GRAZAS!!!
Traballando o esquema corporal
Un dos cambios máis significativos na educación infantil é o proceso madurativo dos nenos e nenas de 3 anos. Así, cando chegan á escola (co Período de Adaptación) están temerosos e moi coitados; pouco a pouco, van coñecendo o funcionamento do colexio e ás persoas que integran a comunidade escolar, e van madurando. A día de hoxe, xa están totalmente adaptados aos ritmos da escola e son uns "chicos e chicas maiores".
Un dos aspectos no que máis notamos a súa evolución é no debuxo do esquema corporal. Cada mañá, durante a asemblea, o axudante fai o debuxo do encargado/a dese día. Pouco a pouco, imos buscando detalles no noso corpo, fixamos a atención nas diferentes partes, diferenciamos cabeza-tronco-extremidades, poñemos o pelo tal e como o ten o encargado, nos fixamos se ten ou non pendentes, etc.
Así, cada día facemos debuxos do esquema corporal onde as partes do corpo humano quedan moi ben integradas na figura. Aquí tedes unha mostra.
jueves, 7 de mayo de 2015
Compartindo experiencias cos maiores da escola
Nas aulas de educación infantil, recibimos a visita dunhas alumnas de 6º de primaria que compartiron con nós os seus coñecementos sobre o Universo e coas que puidemos aprender milleiros de aspectos sobre os planetas que descoñeciamos. Sabedes que foron nunha nave espacial?, Sabedes que se puxeron un traxe de astronauta?, Sabedes que camiñaron pola Lúa?, Sabedes que o Sol non é un planeta senón unha estrela?,...
Grazas ao alumnado de 6º por nos facer pasar unha xornada tan enriquecedora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













