jueves, 18 de febrero de 2010

A nosa primeira receita para as familias

Como xa sabedes, o noso obradoiro de cociña comezou a camiñar fai unha semana... o martes, 23 de febreiro, elaboramos a nosa 1ª receita e, para seguir "traballando" nas casas, aquí vos deixamos unha moi interesante coa froita que a eiruga larpeira rillou o luns: A MAZÁ.

ENTREGA Nº1

TARTA DE MAZÁ

INGREDIENTES
1 VASO DE AZUCRE
1 VASO DE FARIÑA
1 CUCHARADA DE ROYAL
4 OVOS
2 MAZÁS GOLDEN

PREPARACIÓN
BATER OS OVOS
CANDO ESTEAN LISTOS, ENGADIR OS DEMAIS INGREDIENTES (UN A UN)
CANDO TEÑAMOS TODO BEN BATIDO, BOTARÉMOLO NUN MOLDE PREVIAVENTE UNTADO DE TULIPÁN
ADORNARMOS COAS MAZÁS PARTIDAS EN GAJOS E SEN PEL
TEMPO DE COCCIÓN: 25 A 30 MINUTOS APROX.
DESPOIS DE SACAR DO FORNO, DECORAR CON MARMELADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario