martes, 2 de marzo de 2010

Entrega nº3 para as familias. Nova receita



ENTREGA Nº3

MARMELADA DE AMEIXAS

INGREDIENTES
-Dúas cuncas ou tres de ameixas vermellas.
-Por cada quilo de ameixas, agregar ¾ de quilo de azucre morena.

PREPARACIÓN
1. Lávanse baixo a billa, escórrense, ábrense e se lle quitan os Osos. Pésanse e por cada quilo de ameixas poñeranse tres cuartos de quilo de azucre. Póñense as ameixas nunha cazola e cócense a pouco lume, removendo constantemente coa espátula de madeira para que non se peguen.

2. Ao cabo de cinco minutos, a polpa estará branda e retírase a cazola do lume, deixando arrefriar lixeiramente. Lícuanse as ameixas ou críbanse.

3. Agrégase o azucre e vólvese poñer todo a lume lento 15 minutos. Retírase do lume e déixase repousar doce horas antes de poñer a marmelada en tarros de cristal, que se encherán ben. Gárdanse en lugar fresco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario