martes, 2 de marzo de 2010

Recomendamos...

A verdade é que todos os libros de Eric Carle teñen algo especial, pero este ano a recomendación que vos facemos e o libro "La pequeña oruga glotona" que conmemora o 40º aniversario da súa publicación.
De momento, non o atopamos en galego pero sí en castelán; aquí o tedes e, a verdade, non ten desperdicio...
A eiruga parece que cobra vida no conto: atravesa as froitas, tece o seu casulo, padece de dor de barriga e convértese nunha fermosa bolboreta.
Dende aquí vos animamos a que vexades este libro cheo de vida e que aos nenos e nenas lles encanta...

No hay comentarios:

Publicar un comentario