martes, 21 de diciembre de 2010

BO NADAL 2010

Esta mañá, nos corredores das aulas de educación infantil, vivimos unha xornada de troula.
Todo comezou cando decidimos coller a caixa de gorros de Papá Noel que temos na titoría; os primeiros que os puxeron foron os nenos e nenas de 4 anos.
Tamén atopamos uns traxes de Mamá Noel que tiñamos feitos doutro curso escolar e, a partires deste momento, todo foi un non parar de risas, fotos, cambio de gorros e diversión.
Dende o Ría de Vigo... BO NADAL!!!

1 comentario:

  1. A verdade é que pasamos unha xornada moi divertida e aquí tedes un resumo que podemos considerar como a nosa felicitación de Nadal.
    Que pasedes unhas boas festas. Vémonos o día 10 de xaneiro.

    ResponderEliminar