miércoles, 1 de diciembre de 2010

Reutilizamos os rotuladores

Fai uns días, publicamos neste blogue unha idea moi divertida para reciclar as ceras (preme no título de abaixo para lembrar a publicación)


Hoxe a "cousa" tamén vai de reutilizar pero esta vez os rotuladores. Da man da nosa compañeira Rosa do CEIP. O Pombal, descubrimos esta idea para que os rotus gastados non vaian directamente a papeleira.
A reutilización consiste en poñer eses rotus que xa non pintan nun recipiente con auga... día tras día, soltarán toda a tinta que aínda teñen e tinguirán a auga da cor correspondente. Agora temos auga de cores que podemos utilizar como acuarelas... que boa idea!!!... GRAZAS MESTRA ROSA.
E ti, coñeces algunha idea para reutilizar as cousas???... podes deixar as túas suxerencias e comentarios... adiante!!!

1 comentario:

  1. Grazas mestra Rosa!!!
    Aquí deixo as dúas páxinas de interese que non podedes deixar de visitar.

    Páxina web do CEIP. O Pombal
    http://centros.edu.xunta.es/ceipopombal/

    Blogue da mestra Rosa:
    http://blogderosavigo.blogspot.com/

    A mestra Paula

    ResponderEliminar