viernes, 25 de marzo de 2011

O protagonista da semana: ÁFRICA

A protagonista esta semana foi África e hoxe, na aula de 5 anos, recibimos a súa nai Noemí, a súa tía e a súa curmá pequena.
Todos esperabamos moi atentos as novas que tiñan preparadas para nós.
O primeiro que fixemos foi ver e ensinar a súa familia as actividades realizadas pola protagonista durante a semana; África, acompañada pola mestra Paula, presentou as fichas elaboradas que recollían distintos aspectos da súa vida.
A continuación, chegou o turno da súa familia... unha gran sorpresa nos tiña preparada: uns animaliños moi simpáticos e que fixeron as delicias de todos os presentes.
Dúas tartarugas e un coelliño precioso chearon de alegría esta xornada matinal. Grazas a Noemí, a nai de África, puidemos coñecer mellor os coidados apropiados para este tipo de animais.
Por suposto, mesa a mesa, os animaliños foron coñecendo a cada un dos nenos e nenas da aula. Nós preguntabamos a Noemí as cousas ou os detalles que máis nos interesaban ou polo que tiñamos curiosidade con respecto a eles.
Contounos moitísimas cousas, puidemos tocar os seus alimentos, preguntar o que quixemos e, por suposto, disfrutar e aprender.
A "rolda de prensa" tradicional tamén tivo lugar... o alumnado de 5 anos fixo moitas preguntas aos seus familiares e á protagonista.
Xa para rematar, a protagonista fixo entrega aos seus compañeiros e compañeiras dunhas gominolas moi especiais xa que estas tiñan un agasallo feito a man pola súa nai: unhas pulseiras de coiro!!!... Noemí é unha artista con este material e quixo compartir a súa afición cos compañeiros da súa filla.
MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario