viernes, 4 de marzo de 2011

A protagonista da semana: MARÍA

Hoxe, venres 4 de marzo, a protagonista da semana recibiu na aula unha visita moi especial: BÁRBARA, a súa nai.
Esta xornada foi moi especial xa que coincidiu coa celebración da Festa de Entroido e, como poderedes observar, estabamos todos e todas moi, moi guap@s!!!
O primeiro que tocaba era presentar as actividades desenvolvidas por María durante a semana e coas que puidemos descubrir un milleiro de detalles da súa vida.
 A continuación, a nai de María proxectou na gran pantalla da aula un vídeo onde se recollían diferentes imaxes da vida da protagonista: as súas viaxes, a súa familia, as súas amizades, etc. Todos estes momentos avanzaban no vídeo ao son das cancións favoritas de María.
 Como non podía ser doutra forma, a tradicional "rolda de prensa" tivo lugar nesta sesión de protagonista da semana. Os nosos intrépidos e intrépidas xornalistas sacaron toda a súa artillería para facer innumerables preguntas: "cal é o teu disfrace preferido?", "cales son os teus zapatos preferidos?", "como se portaba María de pequena?" ou "que tal durmía María?" foron algunhas das cuestións da mañá.
Tamén tivemos tempo para ler un conto que nos gustou moitísimo... era sobre o corpo humano!!! e tiña un montón de pestanas das que podiamos tirar e algunha cousiña acontecía.
Descubrimos como están os nen@s dentro da barriga da súa nai, como imos medrando, como medran os nosos músculos, etc. Un libro moi interesante!!!
Xa para rematar, María entregou a todos e todas unhas chuches e nós agasallamos a Bárbara co diploma que acredita a súa participación no proxecto.

MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario