lunes, 12 de diciembre de 2011

Festival de Nadal 2011

Xa temos aquí o Nadal!!!... coma todos os anos ven cargado de bos desexos, ilusións e un novo ano que comezará dentro de pouco e que virá cheo de novas e diferentes actividades.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS COA CHEGADA DO NADAL E A FINALIZACIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTRE
festival de Nadal 2011
  • LUNS, 19 DE DECEMBRO
FESTA DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA: 13:00 h.

- 4º de educación infantil: "Mi burrito sabanero"-Canción
- 5º e 6º de educación infantil: "El mejor tesoro"-Canción
- 5º e 6º de educación infantil: "Twist"-Baile
- 1º de educación primaria: "América"-Canción/Baile
- 2º de educación primaria: "Menos galdrumadas e máis Nadal"-Sombras corporais

  • MARTES, 20 DE DECEMBRO
FESTA DE NADAL DE 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA: 13:00 h.
- 3º B de educación primaria: "Frederik"-Dramatización
- 4º de educación primaria: "Estrellita de los Reyes Magos"-Canción
- 6º de educación primaria: "Go bananas"-Conx. Instrumental
- 3º A de educación primaria: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis"-Teatro
- 5º de educación primaria: "Non hai tempo que perder"-Luz negra

Os días 19 e 20, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12:45 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en condicións e horarios habituais.
Para mellor aproveitamento das actividades presentadas, AS FAMILIAS SOMENTES PODERÁN ASISTIR AOS ACTOS O DÍA EN QUE ACTÚEN AS SÚAS FILLAS/FILLOS.
Como sempre, e por respecto ao traballo realizado polo profesorado e, sobre todo, polas nenas e nenos do colexio, lémbrase a necesidade de manter o máximo silencio durante as funcións. Así mesmo, lémbrase que non se pode facer uso das portas de entrada ao ximnasio durante as funcións, e que non se pode ocupar a zona acotada para o alumnado.
A ANPA vai realizar unha reportaxe fotográfica que, posteriormente, vai estar a disposición de todos vostedes.

  • MÉRCORES, 21 DE DECEMBRO
    En horario por definir e coa colaboración da ANPA do colexio, teremos a visita do Rei Melchor, realizaremos unha chocolatada e asistiremos á función de teatro da compañía "MaloSerá" (formada por mamás e papás do colexio) co seu espectáculo "Fedellos". AS ACTIVIDADES DESTE DÍA ESTÁN DESTINADAS EXCLUSIVAMENTE AO ALUMNADO.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario