martes, 20 de diciembre de 2011

Festival de Nadal e... BOAS FESTAS A TODOS E TODAS!!!

ACTIVIDADES DE NADAL 2011 
Onte, 19 de decembro, celebramos na escola a 1ª parte do Festival de Nadal e contamos coas actuacións do alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.
Os nenos e nenas de 4º de educación infantil (3 anos) representaron a panxoliña tradicional 
"Mi burrito sabanero"
Por outro lado, o alumnado de 5º e 6º de educación infantil (4 e 5 anos) dividiu as súas aulas e, xuntando a uns pouquiños de cada unha, realizaron dúas actuacións diferentes.
Unha delas, a canción pirata 
"El mejor tesoro".
A outra canción interpretada foi o divertido e marchoso
"Nadal Twist".
Para poder acceder a todas as imaxes, poderedes premer na ligazón do blogue do ANPA que aparece aquí debaixo...


...e acceder aos seus Álbumes Picasa...


...onde poderedes atopar moitísimas imaxes desta festa así como da que tivo lugar hoxe, martes 20 de decembro coas actuacións de 2º e 3º ciclo de educación primaria. 

E mañá...
Mañá, o día se presenta moi "movidiño". Teremos unha chocolatada con rosca, que prepararán as nosas estupendas cociñeiras, así como unha visita moi especial... será o Rei Mago?, será Papá Noël?, quen será?
Para rematar a xornada, disfrutaremos dunha obra teatral interpretada por algúns pais e nais do colexio.
Xa vos contaremos todas as novas dende este espazo web.

Para finalizar esta entrada, queremos desexar a todos os nosos lectores/as unhas 
BOÍSIMAS FESTAS DE NADAL

E que mellor forma de facelo que coa imaxe desta árbore, elaborada por todos os nenos e nenas de educación infantil coas caixas de ovos, así como cunhas saborosas coroas cheas de gominolas que tanto gustan ao alumnado e tamén ao profesorado.
 mmm... que saborosas e chulas coroas de Nadal. 
Están elaboradas coa espuma-esponxa para facer arte floral e tamén con gominolas "pinchadas" na mesma esponxa (os caramelos levan incorporado un alambre para os poder enganchar)

COROA DE 3 ANOS
  
COROA DE 4 ANOS

 COROA DE 5 ANOS
Mañá, máis novas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario