viernes, 11 de octubre de 2013

As novas de Gaspar - A primeira carta do curso

Coma todos os anos por estas datas, o noso amigo Gaspar danos a benvida e celbra con nós a chegada dun novo curso na BiblioRía (que dentro de pouco voltará a abrir as súas portas)
Comeza tamén a deixarnos pistas sobre o que será o proxecto de centro deste curso 2013/14.
Aquí vos deixamos coa primeira carta recibida nas aulas. E vós, xa sabedes cal será o tema deste ano?

Ola! Que tal amiguiños e amiguiñas?
Espero que xa estedes todos de volta. Cantos desexos teño de vervos!
Estou a piques de chegar ao cole, aínda que xa sei que remataron as vacacións.
Cantas novidades  teño que vos contar e ensinar...
Pasei o verán viaxando. Como sempre! E como ás veces son un pouco despistado, sen saber como, vinme metido nun tremendo labirinto de canales e canto mais nadaba menos atopaba a saída. Foi un verdadeiro pesadelo!
Pero como di o refrán; “Non hai mal que por ben non veña”, así que unha noite me encontrei nun lugar marabilloso e enorme, tan silencioso pola noite como a vosa BiblioRía, pero moitísimo mais grande, con moitas escaleiras, moitas salas e teitos de cristal!
Estaba tan canso que  adormecín. Pensei que estaba nun barco que me ía traer ao cole Ría de Vigo, pero cando o sol entrou polos teitos acristalados e polas altísimas vidreiras de cores quedei pampo  co que alí había... Corrín como tolo dunha sala a outra e cada cal era mellor ca  anterior!
Noooon! Non era un tesouro! Aínda que ao mellor tamén se lle pode chamar así.
Aquelas marabillas que colgaban daquelas altísimas paredes fixéronme pensar que seguía soñando, pero... de súpeto, uns fortísimos e amables gardas de seguridade leváronme ate o mar onde atopei o camiño de retorno.
Agardade por min, que chego axiña, pero mentres tanto ide PENSANDO:  onde estaría eu? Que me podería asombrar tanto?
Se sodes quen de adiviñalo daredes coa pista do tema que imos ter este curso na BiblioRía, jajaja
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos  corredores.
E nada máis por hoxe. Vémonos prontiño!                     
Bicos salgados,

No hay comentarios:

Publicar un comentario