viernes, 18 de octubre de 2013

Xa fixemos o encargo de Gaspar

Xa fai unha semana que vos comentabamos neste blog a carta enviada por Gaspar ás aulas da escola. Se queredes lembrar a entrada publicada, podedes premer na seguinte ligazón:

Nesta carta enviada por Gaspar, podiamos ler o seguinte:
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos corredores.

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos puxemos mans a obra e comezamos a decorar as cartolinas. Así, xa temos decorados os corredores con elas á espera de máis novas por parte de Gaspar. Aquí vos deixamos as nosas creacións.

4 comentarios:

  1. Quedáronvos ben fermosas! Boa finde

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por comentar.
    Dentro de moi poucquiño, xa saberemos para que serven estas cartolinas; estades moi atentos e atentas ao blog.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. hola me gusta ver los trabajos de los niños son todos unos
    artistas .GRACIAS clase de Paula

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas por deixar un comentario.
    Os nenos e nenas sempre se amosan moi motivados cara as cartas de Gaspar e cumpren os encargos á perfeción; estes días, xa están a preguntar que cando vai vir e cando poderemos baixar á BiblioRía.
    Saúdos.

    ResponderEliminar