martes, 23 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-10º día

Hoxe, martes 23 de setembro, rematou o Período de Adaptación para o alumnado de 3 anos da escola. Mañá, xa virán ao colexio no seu horario habitual (09:30-14:30) e co resto de compañeiros e compañeiras.
Para rematar unha etapa ou período de adaptación, novas e descubrimentos, que mellor forma de facelo que cun diploma chulísimo que poderemos colgar no noso cuarto da casa.
Doutra banda, hoxe tamén iniciamos o camiño dunha nova actividade moi divertida e que servirá de nexo de unión entre a familia e a escola. Levamos para as casas unha cartolina co debuxo dun monigote; o obxectivo da actividade é que as familias (xunto cos seus fillos/as) decoren o monigote cunha imaxe similar ao neno/a (poder ser debuxado, con algunha imaxe, tipo collage, con texturas, etc.) Posteriormente, traerán o monigote á aula e con el faremos diversas actividades. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario