viernes, 30 de enero de 2015

Día da Paz 2015

Hoxe, venres 30 de xaneiro, se celebra o
DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E DA PAZ
A nosa escola quixo sumarse a este día e traballamos diferentes actividades en cada unha das aulas da escola. Así, nas aulas de educación infantil, elaboramos Pombas da Paz que os nenos e nenas levaron para a súa casa en forma de colgante.
Aquí podedes ver unha mostra do noso traballo.
Doutra banda, no porche da escola, elaboramos un mural conxunto con todas as aulas da escola. Neste mural, representamos un arco da vella, formado con diferentes elementos coma corazóns, casas (relacionadas co proxecto sobre arquitectura deste curso), pombas, estrelas,...
 O alumnado de 3 anos elaborou corazóns de cor vermello.

2 comentarios:

  1. Que ben traballaron e que bonito quedou o voso mural! Moi boa semana!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana!
    Moi boa semana para ti tamén.
    Bicos

    ResponderEliminar