jueves, 7 de mayo de 2015

Compartindo experiencias cos maiores da escola

Nas aulas de educación infantil, recibimos a visita dunhas alumnas de 6º de primaria que compartiron con nós os seus coñecementos sobre o Universo e coas que puidemos aprender milleiros de aspectos sobre os planetas que descoñeciamos. Sabedes que foron nunha nave espacial?, Sabedes que se puxeron un traxe de astronauta?, Sabedes que camiñaron pola Lúa?, Sabedes que o Sol non é un planeta senón unha estrela?,...
Grazas ao alumnado de 6º por nos facer pasar unha xornada tan enriquecedora.

2 comentarios: