Na aula de cinco anos tivemos a sorte de recibir a visita dunha cidadá chinesa , amiga de Bea.
Esta é a nosa amiga LUYAO
Nada mais chegar Luyao tiña un regalo para cada un de nós. Os nosos nomes escritos en chines.
Logo resolveu algunhas dúbidas que tiñamos sobre o idioma chines. Aprendemos os saudos básicos e algunhas outras palabriñas.
Luyao ensinounos a empregar os famosos palillos chineses, tanto para comer, como para facer moños.
Tamén nos trouxo unhas imaxes preparadas para coñecer moitas curiosidades do seu pais.
Na aula tiñamos un pai-pai aportado por Gael, e LUYAO dixonos que non soamente se utilizaba para refrescarse, pois tamén se emprega para tapar a cara cando unha persoa ten moita vergoña.
E por último LUYAO tiña preparado un baile cunha canción chinesa cantada por ela mesma.
Para agradecer esta visita entregamos a nosa amiga un pequeno presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario