miércoles, 22 de octubre de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 5 anos_coñecemos a "Luci, la luciérnaga"

Os alumnos/as de cinco anos voltamos a recibir na aula a visita da nosa amiga Juanita.
Se lembrades, durante o curso pasado xa estivemos a traballar cos contos de "La mariquita Juanita"; para lembrar as publicacións relacionadas con estas actividades, podedes premer na seguinte ligazón:
Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer a historia de "Luci, la luciérnaga"
Despois de escoitar o conto, reflexionamos entre todos e todas sobre a pregunta que fai Juanita: "¿Hadas?, ¿Qué son hadas?". Os nenos e nenas traballamos sobre esta cuestión e fomos explicando o que son para nós as fadas; cando xa tivemos máis ou menos clara unha explicación ou resposta, a mestra nos invitou a pensar cal sería o traballo destas personaxes. Por último, estivemos  falando de como pensabamos que serían as fadas fisicamente, que aspecto terían e como as debuxariamos.
Cando xa tivemos claras todas estas respostas, cada un de nós fixo o debuxo dunha fada segundo como as imaxinabamos, así como pensamos un nome para cada unha delas.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario