jueves, 2 de octubre de 2014

Recomendacións para Educación Física

Este ano, contamos na escola con Daniel, o noso mestre de Educación Física e Psicomotricidade, co que o pasamos estupendamente nas súas clases, e hoxe nos lembra uns aspectos importantes para a práctica do deporte e o exercicio.
Na Educación Infantil, por motivos de saúde e hixiene, entre outros, é necesario traer o seguinte material para poder participar na clase:

- Roupa cómoda de deporte, tipo chándal.
- Zapatillas de deporte (con velcro en vez de cordóns, a ser posible). Non é necesario traer calzado a maiores para cambiarse. Se veñen da casa con calzado deportivo poden facer as sesións de psicomotricidade con este.
- Para evitar as molestias dos nenos/as con pelo lomgo, sería importante traelo recollido dalgunha forma (goma, diadema,...). O pelo longo solto dificulta os desprazamentos e nun momento en concreto que se meta o mesmo diante da cara, pode ser perigoso pola falta de visibilidade.
 - Para evitar posibles lesións na práctica dos xogos é aconsellable, así mesmo, non practicar deporte con reloxos, pendentes grandes ou que colguen moito, aneis, pulseiras de materiais duros... para así evitar posibles enganches ou golpes.
- Tamén é aconsellable traer unha goma ou corda nas gafas, para os nenos e nenas que as leven (sempre que as precisen para a práctica deportiva). Así, evitaremos posibles roturas das mesmas.

Dende sempre, a necesidade da hixiene nas prácticas deportivas foi moi importante. Nestas idades, incorporaremos, pouco a pouco, unha serie de hábitos neste ámbito que melloren a calidade e benestar dos alumnos e alumnas na práctica psicomotriz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario