jueves, 19 de febrero de 2015

Semana da Prensa 2015_Aviso ás familias

Queridas familias,
Con motivo da Semana da Prensa 2015 (dende 0 9 ao 13 de marzo) solicitamos a vosa colaboración.
Como este ano estamos a traballar coa "Arte que nos rodea", necesitamos que axudedes aos vosos fillos e fillas a buscar nun xornal algunha noticia relacionada co urbanismo de Vigo: restos arqueolóxicos, arquitectura, esculturas, arquitectura popular (hórreos, petos de ánimas, cruceiros,...) Cando as atopedes, as podedes recortar e traer á escola. 
Coas achegas de todos e todas faremos un gran mural e de seguro que atoparemos historias moi interesantes para ler.
Agardamos polas vosas noticias antes do 3 de marzo.
Graciñas.
O Equipo de BiblioRía
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario