martes, 17 de marzo de 2015

Semana da Prensa 2015

A semana pasada, celebramos no colexio a SEMANA DA PRENSA.
Para levar a cabo esta celebración, cada neno trouxo unha noticia sobre o tema que estamos a traballar neste curso. Houbo novas de escultura, arquitectura, restos arqueolóxicos... e de todas as etapas históricas. Despois de ser traballadas na aula, os nenos foron baixando ao porche e pegando algunhas no mural colaborativo da prensa, situado na entrada á escola.
Quedou precioso e os alumnos/as aprenderon moitas cousas, que era do que se trataba.
Poderedes acceder a máis información sobre o tema dende o blog da BiblioRía
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

No hay comentarios:

Publicar un comentario