miércoles, 21 de diciembre de 2011
martes, 20 de diciembre de 2011
Festival de Nadal e... BOAS FESTAS A TODOS E TODAS!!!
ACTIVIDADES DE NADAL 2011
Onte, 19 de decembro, celebramos na escola a 1ª parte do Festival de Nadal e contamos coas actuacións do alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.
Onte, 19 de decembro, celebramos na escola a 1ª parte do Festival de Nadal e contamos coas actuacións do alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.
Os nenos e nenas de 4º de educación infantil (3 anos) representaron a panxoliña tradicional
"Mi burrito sabanero"
Por outro lado, o alumnado de 5º e 6º de educación infantil (4 e 5 anos) dividiu as súas aulas e, xuntando a uns pouquiños de cada unha, realizaron dúas actuacións diferentes.
Unha delas, a canción pirata
"El mejor tesoro".
A outra canción interpretada foi o divertido e marchoso
"Nadal Twist".
Para poder acceder a todas as imaxes, poderedes premer na ligazón do blogue do ANPA que aparece aquí debaixo...
...e acceder aos seus Álbumes Picasa...
...onde poderedes atopar moitísimas imaxes desta festa así como da que tivo lugar hoxe, martes 20 de decembro coas actuacións de 2º e 3º ciclo de educación primaria.
E mañá...
Mañá, o día se presenta moi "movidiño". Teremos unha chocolatada con rosca, que prepararán as nosas estupendas cociñeiras, así como unha visita moi especial... será o Rei Mago?, será Papá Noël?, quen será?
Mañá, o día se presenta moi "movidiño". Teremos unha chocolatada con rosca, que prepararán as nosas estupendas cociñeiras, así como unha visita moi especial... será o Rei Mago?, será Papá Noël?, quen será?
Para rematar a xornada, disfrutaremos dunha obra teatral interpretada por algúns pais e nais do colexio.
Xa vos contaremos todas as novas dende este espazo web.
Para finalizar esta entrada, queremos desexar a todos os nosos lectores/as unhas
BOÍSIMAS FESTAS DE NADAL
E que mellor forma de facelo que coa imaxe desta árbore, elaborada por todos os nenos e nenas de educación infantil coas caixas de ovos, así como cunhas saborosas coroas cheas de gominolas que tanto gustan ao alumnado e tamén ao profesorado.
mmm... que saborosas e chulas coroas de Nadal.
Están elaboradas coa espuma-esponxa para facer arte floral e tamén con gominolas "pinchadas" na mesma esponxa (os caramelos levan incorporado un alambre para os poder enganchar)
COROA DE 3 ANOS
COROA DE 4 ANOS
COROA DE 5 ANOS
Mañá, máis novas!!!
lunes, 19 de diciembre de 2011
Chega o Outono-3 anos
Co título "Chega o Outono" presentamos este pequeno "proxecto" realizado polo alumnado de 3 anos do colexio.
Aquí vos deixamos o enderezo para poder acceder ao álbum Picasa:
(preme na imaxe ou na ligazón de abaixo)
Aquí vai unha presentación do mesmo. Preme nas frechas para o poder ver na súa totalidade.
miércoles, 14 de diciembre de 2011
"Xogamos co tangram"
Un xogo moi divertido e que axuda ao noso alumnado a traballar diferentes habilidades é o xogo do Tangram.
O Tangram é un xogo popular de orixe chinés, moi antigo, que está formado por 7 pezas (1 cadrado, 2 triángulos grandes, 1 triángulo mediano, 2 triángulos pequenos e 1 trapecio) a partir das que podemos realizar multitude de figuras de características diversas: animais, persoas, barcos,...
Traballar con este xogo facilita a estimulación de diferentes habilidades importantes para a aprendizaxe: orientación espacial, estructuración espacial, coordinación visomotora, atención, razoamento lóxico-espacial, percepción visual, memoria visual, percepción figura-fondo.
Aquí vos deixamos esta actividade para traballar na "pizarra máxica" coa que poderedes xogar ou conformar 10 imaxes diferentes a partires das pezas do tangram.
Para descargar, preme na imaxe ou no enderezo web.
martes, 13 de diciembre de 2011
"JUGAMOS CON LOS NÚMEROS. ADIVINA CUÁNTAS COSAS HAY. DIVIÉRTETE CON LOS NÚMEROS 1, 2 Y 3". Actividade EDI
Nova actividade para traballar no Nadal. Esta vez os números son os protagonistas; traballamos co 1, 2 e 3 e nos divertimos averiguando cantos obxectos hai en cada folla.
Para descargar, xa sabes, preme na imaxe ou na ligazón... adiante!!!
lunes, 12 de diciembre de 2011
Festival de Nadal 2011
Xa temos aquí o Nadal!!!... coma todos os anos ven cargado de bos desexos, ilusións e un novo ano que comezará dentro de pouco e que virá cheo de novas e diferentes actividades.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS COA CHEGADA DO NADAL E A FINALIZACIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTRE

- LUNS, 19 DE DECEMBRO
FESTA DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
- 4º de educación infantil: "Mi burrito sabanero"-Canción
- 5º e 6º de educación infantil: "El mejor tesoro"-Canción
- 5º e 6º de educación infantil: "Twist"-Baile
- 1º de educación primaria: "América"-Canción/Baile
- 2º de educación primaria: "Menos galdrumadas e máis Nadal"-Sombras corporais
- MARTES, 20 DE DECEMBRO
FESTA DE NADAL DE 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
- 3º B de educación primaria: "Frederik"-Dramatización
- 4º de educación primaria: "Estrellita de los Reyes Magos"-Canción
- 6º de educación primaria: "Go bananas"-Conx. Instrumental
- 3º A de educación primaria: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis"-Teatro
- 5º de educación primaria: "Non hai tempo que perder"-Luz negra
Os días 19 e 20, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12:45 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en condicións e horarios habituais.
Para mellor aproveitamento das actividades presentadas, AS FAMILIAS SOMENTES PODERÁN ASISTIR AOS ACTOS O DÍA EN QUE ACTÚEN AS SÚAS FILLAS/FILLOS.
Como sempre, e por respecto ao traballo realizado polo profesorado e, sobre todo, polas nenas e nenos do colexio, lémbrase a necesidade de manter o máximo silencio durante as funcións. Así mesmo, lémbrase que non se pode facer uso das portas de entrada ao ximnasio durante as funcións, e que non se pode ocupar a zona acotada para o alumnado.
A ANPA vai realizar unha reportaxe fotográfica que, posteriormente, vai estar a disposición de todos vostedes.
- MÉRCORES, 21 DE DECEMBRO
En horario por definir e coa colaboración da ANPA do colexio, teremos a visita do Rei Melchor, realizaremos unha chocolatada e asistiremos á función de teatro da compañía "MaloSerá" (formada por mamás e papás do colexio) co seu espectáculo "Fedellos". AS ACTIVIDADES DESTE DÍA ESTÁN DESTINADAS EXCLUSIVAMENTE AO ALUMNADO.
Preparando o Nadal
Nova actividade para o Edi, nesta ocasión dirixida aos máis pequenos do colexio. A partires de actividades breves e sinxelas, nos divertiremos coa festa do Nadal.
Coma sempre, xa sabes que podes descargar a actividade, premendo na imaxe ou no enderezo que aparece debaixo... adiante!!!
viernes, 9 de diciembre de 2011
Busca ao diferente no Nadal
Nova actividade para o EDI (Encerado Dixital Interactivo) esta vez enmarcada dentro do Nadal. Os nenos e nenas teran que atopar a imaxe diferente dun total de 6 que aparecerán na pantalla.
Podes descargar a actividade premendo na imaxe ou no enderezo que aparece debaixo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















































