viernes, 18 de octubre de 2013

Xa fixemos o encargo de Gaspar

Xa fai unha semana que vos comentabamos neste blog a carta enviada por Gaspar ás aulas da escola. Se queredes lembrar a entrada publicada, podedes premer na seguinte ligazón:

Nesta carta enviada por Gaspar, podiamos ler o seguinte:
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos corredores.

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos puxemos mans a obra e comezamos a decorar as cartolinas. Así, xa temos decorados os corredores con elas á espera de máis novas por parte de Gaspar. Aquí vos deixamos as nosas creacións.

jueves, 17 de octubre de 2013

Traballo 4 anos: "Mi libro del otoño"

Os nenos e nenas de 4 anos da escola estiveron a traballar estes días esta poesía do outono que, hoxe, comparten con todos nós.
Está chula, verdade? Quedou moi ben!!!
 Poderedes ver tanto este traballo como outros feitos polos nenos e nenas, nos Álbumes Picasa de educación infantil, accedendo dende esta ligazón ou dende a parte superior do blog.

Na páxina web da escola, tamén poderedes atopar un apartado titulado "Galerías", onde temos publicados os diferentes traballos e proxectos que realiza o alumnado. Aquí vai tamén a ligazón.

lunes, 14 de octubre de 2013

Poesías "La castañera"

Para este tempo de outono e de magosto, que mellor forma de celebralo que cunha festa no cole e aprendendo diferentes poesías sobre a festa.

viernes, 11 de octubre de 2013

As novas de Gaspar - A primeira carta do curso

Coma todos os anos por estas datas, o noso amigo Gaspar danos a benvida e celbra con nós a chegada dun novo curso na BiblioRía (que dentro de pouco voltará a abrir as súas portas)
Comeza tamén a deixarnos pistas sobre o que será o proxecto de centro deste curso 2013/14.
Aquí vos deixamos coa primeira carta recibida nas aulas. E vós, xa sabedes cal será o tema deste ano?

Ola! Que tal amiguiños e amiguiñas?
Espero que xa estedes todos de volta. Cantos desexos teño de vervos!
Estou a piques de chegar ao cole, aínda que xa sei que remataron as vacacións.
Cantas novidades  teño que vos contar e ensinar...
Pasei o verán viaxando. Como sempre! E como ás veces son un pouco despistado, sen saber como, vinme metido nun tremendo labirinto de canales e canto mais nadaba menos atopaba a saída. Foi un verdadeiro pesadelo!
Pero como di o refrán; “Non hai mal que por ben non veña”, así que unha noite me encontrei nun lugar marabilloso e enorme, tan silencioso pola noite como a vosa BiblioRía, pero moitísimo mais grande, con moitas escaleiras, moitas salas e teitos de cristal!
Estaba tan canso que  adormecín. Pensei que estaba nun barco que me ía traer ao cole Ría de Vigo, pero cando o sol entrou polos teitos acristalados e polas altísimas vidreiras de cores quedei pampo  co que alí había... Corrín como tolo dunha sala a outra e cada cal era mellor ca  anterior!
Noooon! Non era un tesouro! Aínda que ao mellor tamén se lle pode chamar así.
Aquelas marabillas que colgaban daquelas altísimas paredes fixéronme pensar que seguía soñando, pero... de súpeto, uns fortísimos e amables gardas de seguridade leváronme ate o mar onde atopei o camiño de retorno.
Agardade por min, que chego axiña, pero mentres tanto ide PENSANDO:  onde estaría eu? Que me podería asombrar tanto?
Se sodes quen de adiviñalo daredes coa pista do tema que imos ter este curso na BiblioRía, jajaja
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos  corredores.
E nada máis por hoxe. Vémonos prontiño!                     
Bicos salgados,

miércoles, 9 de octubre de 2013

Crebacabezas do Samaín

Aquí compartimos con todos vós estes crebacabezas do Samaín, para que poidades imprimir as imaxes, pintar e recortar polas liñas negras. 
A continuación, collede unha folla e intentade montar o crebacabezas da forma axeitada.
agardamos que vos guste.

martes, 8 de octubre de 2013

Actividades de escritura libre

Na entrada de hoxe, vos deixamos unha serie de actividades sobre o outono nas que os nenos/as poderán escribir libremente o nome dos diferentes obxectos que alí aparecen.
Agardamos que vos guste e tamén os vosos comentarios coñecendo as vosas opinións.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Recursos de interese para traballar a lectoescritura

Comezamos unha nova semana cunha entrada moi solicitada por usuarios e familias.
Así, recollemos unha seleción de diferentes recursos na rede para traballar a lectoescritura.
Para poder xogar ou acceder ás actividades, tes que premer na imaxe ou na ligazón que aparece baixo ela. Agardamos que vos gusten e que practiquedes na escola e na casa con estes recursos. 




Na aula de cinco anos, aproveitamos o momento da asemblea para traballar con estas actividades de letras minúsculas. Así, o neno/a que sexa encargado/a ese día, escolle a primeira letra do seus nome e xoga coas actividades propostas con ela. 


Doutra banda, queremos agradecer ao blog EL RINCÓN DE INFANTIL por compartir con todos e todas entradas de interese, ente elas, a seguinte:
Nesta entrada, poderedes atopar unha seleción de páxinas de interese para traballar, non soamente a lectuescritura, senón tamén a lóxico-matemática.

martes, 24 de septiembre de 2013

A importancia da orientación espacial e actividades

Nesta entrada de hoxe queremos facer fincapé nun aspecto relevante a traballar co alumnado de educación infantil: a orientación espacial. 
Situarse ben no espacio (tanto nós mesmos, os demais e os obxectos) é importante para o posterior desenvolvemento da lectura e a escritura, cunha direccionalidade específica (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo). No momento que esta direccionalidade non está clara, podemos atopar diferentes rotacións de letras (coma b, d, p, q) ou outro tipo de situacións.

Para poder traballar desde as casas e as aulas este aspecto, aquí vos deixamos estas actividades que poderedes imprimir e completar coa axuda das tesoiras e o pegamento.

Se queredes traballar con elas de forma dixital, aquí vai o enderezo dende onde as poderedes descargar (para utilizar co programa específico dos Encerados Dixitais Interactivos)

Estas actividades versan sobre os hábitats dos diferentes animais, aspecto que lle gusta ao alumnado e que xa traballamos con eles o curso pasado.


Buceando pola rede, atopamos diferentes ligazóns onde poderedes atopar máis actividades deste tipo para traballar nas aulas o nas casas, coa axuda das tesoiras e o pegamento.
Adiante!!!

No blogue Cosquillitas en la panza (http://cosquillitasenlapanza2011.blogspot.com.es/) atopamos tamén estes recursos que compartimos con todos e todas.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Chegou o outono

Xa estamos no outono. Deixamos atrás o verán para comezar unha nova estación e, para lembrar as súas características e poder disfrutar xogando tanto na escola como nas casas, aquí vos deixamos unha ligazón para acceder a todos os artigos publicados sobre esta estación de ano.
Poderedes atopar actividades variadas (LIM, Encerado Dixital, debuxos para colorear,...)  que agardamos sexan do voso interese e disfrutedes con elas.

Premer nesta ligazón para acceder aos diferentes artigos publicados sobre o outono:

Chega o Outono