jueves, 25 de noviembre de 2010

Sorpresa na BiblioRía

Todos os mércores, o alumnado de 4 anos ten sesión de BiblioRía pero, esta semana, unha gran sorpresa os agardaba nun dos sofás de cores.
O primeiro grupo que chegou atopouse cunha neniña-mochila chamada "Juju".
Expectantes, decidiron mirar que había no seu interior e se atoparon cun conto que lles gusta moito: "Las gotitas de agua y el arco iris"...
Pero non era un conto e nada máis senón que, ao final do mesmo, unhas cartolinas brancas ocupaban o seu lugar xunto cunha nota para eles/elas e as súas familias.
É un libro viaxeiro que rotará polos fogares do alumnado e onde as familias participarán activamente, debuxando algo que teña relación co conto.
Entre todos e todas elaboramos unha lista cos nomes para seguir unha orde de préstamo. O primeiro será Antón... a ver que cousiñas nos conta e como é o seu debuxo... atentos e atentas ao blogue onde atoparedes todas as novas.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
PROXECTO CICLO DA AUGA

Queridas familias!

Como sabedes, durante este curso escolar estamos a traballar sobre O CICLO DA AUGA.

Gustaríanos contar coa vosa colaboración da seguinte forma:

1. Aportando ao colexio (quen teña) contos variados ou libros de información sobre o tema.

2. Aportando fotografías sobre os diferentes estados da auga (sólido, líquido ou gaseoso) e sobre diferentes fenómenos meteorolóxicos (granizo, choiva,…) Poderán ser imaxes reais, da rede, de xornais, revistas, … Estas imaxes as utilizaremos para murais, para as fichas do proxecto, etc. polo que, se aportades algunha foto orixinal que non queredes que se deteriore, é mellor unha fotocopia ou impresión da mesma.

Grazas coma sempre pola vosa colaboración e saudiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario