Este venres, día 12 de novembro, tivemos a sorte de poder contar na nosa aula de 5 anos coa nai do protagonista: Sonia, a nai de Samuel Díaz.
A xornada comezou coma sempre, coas actividades realizadas durante a semana: a portada, os debuxos que fixeron os compañeiros e compañeiras de clase, os datos que recollimos da vida de Samuel, etc.
A continuación, Sonia e máis Samuel nos ensinaron unha gran cartolina que recollía algúns momentos da súa vida así como familiares significativos para o protagonista (coma o tío Juan). Entre o dous nos explicaron a historia de cada imaxe.
Un dos momentos máis divertidos da xornada, foi a realización dunha "Sesión de beleza". A nai de Samuel Díaz dedícase a este sector (maquillaxe, masaxes, ...) e o seu fillo xa "apunta maneras". Demostrounos que é todo un asesor de imaxe e algúns nenos e nenas da aula puideron disfrutar e poñerse un pouquiño mais guapos e guapas.
Tamén disfrutamos dos contos favoritos de Samuel así como dunha sesión de masaxes do protagonista á súa nai... divertímonos moito!!!
Por último, unhas saborosas piruletas de corazón foron o agasallo de Samuel e Sonia para todos e todas e, como non podía ser doutra forma, a entrega do tradicional diploma para as familias participantes foi o fin de festa desta xornada de venres tan amena e divertida... GRAZAS SONIA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario