Aridani foi o protagonista desta semana e hoxe, día 19 de novembro, recibimos na nosa aula á visita do seu pai, quen nos contou moitísimas cousiñas da súa vida.
O primeiro que fixemos foi contarlle a todas e todos os presentes cales foron as actividades desenvolvidas durante a semana de "principado" como protagonista; así, descubrimos como era Aridani cando naceu, como son a súa nai e o seu pai, onde vive na actualidade, etc.
A continuación, Aridani presentounos ao seu pai quen nos contou, entre outras cousas, que o protagonista non choraba nada cando era pequeno.
Tamén descubrimos que era moi, moi moreno e, co paso do tempo, foi poñéndose louro, como é agora.
Os nenos e nenas da aula tamén decidimos facer as nosas preguntas e resolver dúbidas: cal é a túa peli preferida? ou cal é o teu xoguete favorito? foron algunhas das moitas preguntas que fixemos.
Sabedes unha cousa? Aridani antes non vivía nesta cidade. Vivía nunha cidade chamada Las Palmas de Gran Canaria e, grazas á tecnoloxía de hoxe en día, puidemos facer unha viaxe turística pola zona.
Coa colaboración do seu pai que nos aportaba os enderezos oportunos, puidemos pasear polas rúas onde pasou gran parte da súa infancia o protagonista.
Coa aplicación "Street View" que nos ofrece o Google Maps, avanzamos por sitios de interese da localidade, descubrimos a Rúa Américo Vespucio, a Rúa Faro e as distintas praias que conforman a paisaxe das Palmas.
Tamén puidemos ver o Colexio Público "Las Canteras" onde estudiou Aridani e descubrir como era a súa estructura e o seu exterior.
Unha vez rematada esta viaxe virtual tan divertida, o protagonista e o seu pai agasalláronnos cunhas gominolas moi saborosas e recibiron o correspondente diploma por participar nesta sesión do proxecto do protagonista... GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario