ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O NADAL
MÉRCORES, 19 DE DECEMBRO, ÁS 12.45 hs.
FESTA DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
4º Ed. Infantil: Canción "Arre borriquito"
5º Ed. Infantil: Baile "Santa Claus llegó a la ciudad"
6º Ed. Infantil: Canción "Rodolfo el reno"
1º Ed. Primaria: Representación luz negra "A que sabe a lúa?"
2º Ed. primaria: Representación de títeres "Chivos Chivóns"
e poesía "Los camellos comilones"
XOVES, 20 DE DECEMBRO, ÁS 12.45 hs.
FESTA DE NADAL DE 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA
3º Ed. Primaria: Panxoliña con luz negra "Buscando una estrela"
4º Ed. Primaria: Teatro "Os apuros dos tres Reis Magos"
6º Ed. Primaria: Conxunto instrumental "Canon"
5º Ed. Primaria: Conxunto Instrumental "Melodía Hebrea"
Os
días 19 e 20 a apertura de centro para a entrada de público á festa
será ás 12.30 hs. Os servizos de transporte e comedor escolar
funcionarán en horarios e condicións habituais.
Para
mellor aproveitamento das actividades presentadas, AS FAMILIAS SOMENTES
PODERÁN ASISTIR AOS ACTOS PROGRAMADOS O DÍA QUE ACTÚEN AS SÚAS
FILLAS/OS.
Coma
sempre, e por respecto ao traballo realizado polo profesorado e, sobre
todo, polas nenas e nenos da escola, lémbrase a necesidade de manter o
máximo silencio durante as funcións. Así mesmo, lémbrase que NON SE PODE
FACER USO DAS PORTAS DE ENTRADA AO XIMNASIO DURANTE AS FUNCIÓNS E NON
SE PODE OCUPAR A ZONA ACOTADA PARA O ALUMNADO.
A ANPA vai realizar unha reportaxe fotográfica que, posteriormente, vai estar a disposición de todos/as vós.
VENRES, 21 DE DECEMBRO
En
horario por definir, e coa colaboración da ANPA, contaremos coa visita
do Rei Melchor, realizaremos unha chocolatada e asistiremos á proxección
da película "Tintín". AS ACTIVIDADES DESTE DÍA ESTÁN DESTINADAS,
EXCLUSIVAMENTE, AO ALUMNADO DO COLEXIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario