Esta semana, do 26 ao
30 de Novembro, o
protagonista foi:
ADRIÁN
Na última semana de novembro, fomos coñecendo un pouco máis ao
noso compañeiro Adrián: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . e tamén estivo encantado de poder amosarnos
as súas cousas favoritas!
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 30, tivemos a visita da súa mamá, Loli, na aula, que viña acompañada polas súas mascotas, as tartarugas Flor e
Fin. Todos tivemos a oportunidade de tocalas entre risas e algún susto.
Chegou o momento das preguntas e, así, nos enteramos como
é Adríán na casa. A súa mamá contounos
que foi un bebé moi bo, que durmía toda a noite e comía moito, que lle gusta moito xogar todo o día, pero tamén axuda a facer as camas e a
poñer a mesa.
A petición de Adrián, a
súa mamá nos leu o conto “LOS TRES CERDITOS”, que nos gustou moito.
E, xa para rematar, Adrián nos repartiu os agasallos, que fixo coa sua
mamá na casa: uns debuxos de "Bob Esponja" para colorear e unhas moedas de
chocolate.
E, coma sempre, antes de
rematar esta visita entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario