Esta semana, do 10 ao
14 de decembro, o
protagonista foi:
ANDRÉS
Na penúltima semana do 1º trimestre o protagonista foi Andrés.
Deste xeito, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro: os seus apelidos,
onde vive, os seus gustos... e tamén
nos amosou moi contento as súas cousas favoritas: peluche, xoguetes, a roupa de
fútbol,...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, nos amosou
o pequeniña que era a súa roupa e,coa cinta métrica, comprobamos canto medrou.
O venres día 14,
tivemos a visita do seu papá e da súa mamá, Ángel e Mara; viñeron acompañados por unha das
súas mascotas, o peixe Lucho, un fermoso peixe dourado que estaba un pouco incómodo
e asustado porque o tiveron que traer nun
tarro de cristal (normalmente vive nun acuario moito máis grande) Ángel
contounos moitas cousas sobre os peixes e os coidados que hai que ter con eles.
Chegou o momento das preguntas e nos enteramos como
é Andrés na casa. A súa mamá contounos
que foi un bebé moi tranquilo, que durmía moito e comía moito; tamén nos contou
que lle gusta moito xogar, que ás veces fai rabiar á sua irmá Raquel, pero que
tamén axuda a facer cousas e pon a mesa para o almorzo.
Ah! e o que máis
lle gusta son os bocatas de "Nocilla".
A continuación, a súa
mamá contou “LOS RESCATADORES EN CANGUROLANDIA”, que nos gustou moito.
E, xa para rematar, Andrés repartiunos uns agasallos que fixo coa sua
mamá na casa: uns marcapáxinas cunha felicitación de Nadal.
E, como sempre, antes de
despedirnos, démoslle as grazas, entregámoslle un diploma como recordo desta
semana e despedímolos cun merecido
aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario