Esta semana, do 21 ao
25 de Xaneiro, o
protagonista foi:
HUGO
Ao longo da semana fomos coñecendo un pouco máis ao noso
compañeiro Hugo: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos. . . e tamén estivo encantado de poder amosarnos
os seus favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos
o pequeniña que era a súa roupa; coa cinta métrica comprobamos canto medrou.
O venres día 25, tivemos a visita na aula dos seus pais, Inma e Carlos; tamén agardabamos
á súa cadela Lúa, pero finalmente non puido vir.
Hugo amosóulles o traballo que estivo a facer durante a semana
e, deseguido, chegou o momento das preguntas. Comezamos preguntando os seus nomes
e interesándonos polos seus traballos.
Carlos trouxo un volante dun coche e uns debuxos para explicarnos que o seu
traballo é debuxar as pezas para que encaixen as máquinas; Inma contounos que traballa
nun cole de maiores axudando aos nenos/as que teñen problemas... parecéunos moi
interesante.
Tamén quixemos
saber como é Hugo na casa. A súa familia contóunos que se porta ben, que
xoga moito e ten moita imaxinación, que
axuda nas tarefas e lle gusta cociñar (sobre todo, a pizza) que o seu
deporte favorito e o tenis (que fai co seu papá) e tamén o senderismo.
Para isto, tiñan preparado un xogo
que consistía en ver unha montaxe sobre Hugo no ordenador e, despois, nos preguntaban; si acertabamos, Hugo levantaba unha bandeiriña verde e, se non, unha
vermella.
Tamén nos contaron o conto favorito de Hugo, proxetando as imaxes na pantalla da aula. O conto é de Cars,
titulado: ”Una carrera de coches” e gustóunos moito.
A continuación, nos repartiron os agasallos: uns “comecocos” e
unha piruleta
E, coma sempre, antes de
rematar esta visita, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario